Welcome to Firefox for Android Add-ons.
Add extra features and styles to make Firefox for Android your own.
CloseVolga 20120413
by Antón Méixome
Buscador de Proxecto Trasno no Vocabulario ortografico da lingua galega (RAG).
De especial utilidade para correctores e tradutores, profesores, etc. Permite a busca por caracteres, independentemente da posición e o uso dos comodíns (*, ?)
About this Add-on
O Volga é o repertorio léxico oficial do idioma galego. A fiabilidade do recurso é aquela que a RAG ofrece en calidade de servizo público.
O buscador feito de «Proxecto Trasno» limítase a ser un complemento para facilitar a consulta. Baséase na tecnoloxía OpenSearch que é compatíbel con Firefox, IExplorer e Chrome a partir do código xerado por MyCroft Project (http://mycroft.mozdev.org)
Proxecto Trasno é unha iniciativa sen ánimo de lucro nacida hai máis de 10 anos do orgullo, para a galeguización; campo no que pretende facer achegas especialmente de tradución de software libre, facilitando o acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación mediante programas e ferramentas galeguizadas que non lles son fornecidas aos cidadáns pola ineficiencia e inxustiza do mercado.